h1

Título

A nosa organización

Texto destacado

clinico_ancha_450.jpg

A introdución de sistemas de xestión integrada no Servizo Galego de Saúde ten como obxectivo a mellora da accesibilidade, a eficiencia e a procura da maior calidade das prestacións sanitarias. O artigo 97 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, establece o mandato de introducir, na asistencia sanitaria, modelos de xestión e fórmulas organizativas cunha visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais, sen alterar o mapa sanitario actualmente vixente. Estas estruturas de xestión sanitaria integrada asumen a xestión funcional dos recursos, as prestacións e os programas de atención sanitaria, sociosanitaria e de promoción e protección da saúde na súa zona de influencia.

O novo modelo organizativo da estrutura organizativa de xestión integrada (EOXI) do Servizo Galego de Saúde está regulada no Decreto 168/2010 de 7 de Outubro e na Orde do 22 de xullo do 2011 na que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada da Coruña e de Santiago de Compostela, que nestes momentos xa se ten despregado.

A EOXI de Santiago de Compostela inclúe unha poboación total de 450.136 habitantes rexistrados con tarxeta sanitaria a data de decembro de 2014.  Esta estrutura xestionará todos os servizos sanitarios (atención primaria, especializada e sociosanitaria) dos 46 concellos da súa zona de influencia.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais, Empresas

Temas

-

Interésame

-

Grupos de información

A nosa organización