O grupo de investigación en Enfermidades Dixestivas está integrado no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). As liñas básicas de investigación do grupo céntranse en:
- Estudos de investigación translacional e clínica en enfermidades do páncreas:
- Pancreatitis aguda
- Pancreatitis crónica
- Cancro de páncreas
incluíndo aspectos de fisiopatología, desenvolvemento de biomarcadores , diagnóstico precoz e tratamento. - Estudos de investigación translacional e clínica en enfermidade inflamatoria intestinal:
- Enfermidade de Crohn
- Colitis ulcerosa
incluíndo aspectos de etiopatogenia (microbiota), marcadores de predición de brote, diagnóstico precoz e tratamento. - Estudos de desenvolvemento de novas técnicas asociadas á ecografía endoscópica:
- Elastografía
- Contrastes harmónicos
- Evaluación multimodal pancreática basada en ecoendoscopia
incluíndo aspectos de desenvolvemento tecnolóxico, avaliación diagnóstica e aplicación clínica. - Estudos de investigación básica e translacional en fisioloxía e fisiopatología gástrica e adenocarcinoma gástrico:
- Sistema obestatina/GPR39 e o seu papel en:
- Secreción de pepsinógeno
- Secreción de lipasa gástrica
- Cancro gástrico
incluíndo aspectos de fisioloxía, oncogénesis, papel prognóstico e potenciais dianas terapéuticas en cancro gástrico.
Xunto a estas liñas propias, o Servizo dispón dunha Unidade de Ensaios Clínicos que participa en numerosos ensaios clínicos fases II, III e IV a solicitude das empresas farmacéuticas, basicamente na área de Enfermidade Inflamatoria Intestinal.