h1

Título

Investigación no Servizo de Pediatría

Texto destacado

pediatria


A investigación traslacional é un alicerce crave na excelencia asistencial e no modelo de Servizo que queremos construír. Consiste na investigación pediátrica ligada á clínica e a súa transferencia á práctica diaria de forma que repercuta directamente no doente. Esta actividade supoñería xa que logo un aproveitamento sinérxico das actividades de investigación xa existentes dentro do Área Integrada de Pediatría e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Mediante a xestión desta simbioses lograríase incentivar, innovar e mellorar a asistencia do doente pediátrico, xerar novas frontes de cobertura asistencial, e captar novos recursos para o Servizo de Pediatría. Ademais buscamos impulsar a traslacionalidade da pediatría clínica intra e inter-disciplinarmente. A excelencia clínica vai ligada indefectiblemente á excelencia investigadora, por canto mantén actualizada a asistencia, permite a obtención de recursos, avances, visibilidade e conectabilidade do área clínica, e incorpora novos métodos de diagnóstico, tratamento e prevención. O noso Servizo aproveita as actividades de investigación xa existentes dentro do Área Integrada de Pediatría e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. O modelo dentro do modelo é a sección de Pediatría Clínica, Infectolóxica e Traslacional, que supón a vinculación sinérxica da sección coa Unidade de Investigación en Vacinas e o Grupo de Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que son referencias internacionais no campo da infectoloxía e a inmunización, e facilita a incorporación de novos métodos diagnósticos, terapéuticos e preventivos na asistencia destes doentes. Esta sección, pioneira no SERGAS e probablemente no panorama nacional en incluír a palabra “traslacional” na súa definición -e nome- dentro do organigrama asistencial, foi a experiencia piloto de éxito do sistema que queremos extrapolar e xeneralizar dentro do Servizo. A esfera asistencial e investigadora intégranse na nosa Unidade de forma natural, complementándose e potenciándose reciprocamente; todo iso buscando a mellor asistencia posible, influíndo directamente sobre o cliente pediátrico, máis aló do mellor estándar de diagnóstico e tratamento dispoñibles.

Consecuencia desta traslacionalidade, disponse ademais de recursos específicos humanos e materiais na atención dos doentes que acoden ao noso servizo, sen repercusión económica para o sistema sanitario. Un modelo de crecemento sosteñible que repercute directamente na calidade de atención do doente.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Investigación

Interésame

-

Grupos de información

-