h1

Título

Carteira de servizos do Servizo de Pediatría

Texto destacado

pediatria


1. Atención en área de consulta (Planta 1, Edificio de consultas externas).
  • Controis evolutivos clínicos e de tratamentos de nenos ingresados.
  • Procedementos ambulatorios especializados
2. Atención de nenos hospitalizados (Planta 1, Planta -1 UCIP, Bloque Hospitalización).
  • Atención de doentes pediátricos que requiren hospitalización en pediatría á marxe da súa procedencia, en réxime de asistencia exclusiva ou compartida co servizo ou unidade referente
3. Atención en Hospital de Día e Consultas de Alta Resolución.

Posibilidade que permite que os doentes con certas enfermidades poidan beneficiarse da realización de procedementos ou de recibir tratamentos sen necesidade dunha hospitalización convencional. Posibilidade ademais de espazos que permiten consultas de alta resolución, aínda que non se rexistran aínda como tal desde Servizos Centrais.

4. Asesoramento institucional

O noso Servizo forma parte de múltiples redes e consorcios internacionais de elevado prestixio, visibilidade con acceso a información de primeira man. Isto permítenos ser claves no asesoramento institucional en disciplinas pediátricas en xeral, e xa o estamos realizando a nivel internacional no campo das vacinas, a través da nosa vinculación coa Organización Mundial da Saúde como WHO collaborating centre in vaccine Safety.

Exemplos similares poden ser nosa capacidade de asesoramento en relación ás enfermidades metabólicas -a través da nosa posición de CSUR europeo-, ou en situación de brotes ou pandemias emerxentes ou re-emerxentes -a través das redes internacionais de actuación clínica e científica que coordinamos no contexto do consorcio PREPARE (www.prepare-europe.eu).

Concretamente o noso Servizo co-coordina a resposta pediátrica internacional, e participa ademais como Unidade asistencial tanto a nivel hospitalario, como a nivel de atención primaria a través da Rede Galega de Infectoloxía Pediátrica. Esta vinculación directa entre o SERGAS e o consorcio PREPARE, permítenos un acceso directo a recursos e información de forma compartida no contexto pediátrico infeccioso de ameaza global.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios

Interésame

-

Grupos de información

-