Na Unidade de Retina Cirúrxica e Tumores Intraoculares do Adulto da EOXI Santiago diagnostícanse, tratan e revisan pacientes enviados a este Hospital desde a súa propia área sanitaria ou ben desde fóra da área. A Unidade recibe pacientes con sospeita diagnóstica de calquera tipo de patoloxía anteriormente exposta (Carteira de Servizos).
- Consultas externas
actividade asistencial da Unidade organízase de seguinte maneira:
- Consultas de Retina Cirúrxica: 3 días á semana
- Consulta de Oncoloxía: 4 días á semana
- Consulta Ecografía Ocular non oncolóxica: 1 día á semana
- Área cirúrxica
2 días de quirófano semanais
En cada xornada cirúrxica aténdese patoloxía vitreorretiniana cirúrxica e cirurxía oncolóxica.
- Área de Hospitalización
Sitúase na primeira planta (á dereita) de hospitalización do Hospital Médico-Cirúrxico de Conxo , compartindo espazo co Servizo de Cirurxía.
- Área de Urxencias
A área de Urxencias do Servizo de Oftalmoloxía sitúase no Servizo de Urxencias localizado na Planta -2 do Hospital Clínico. Consta dunha consulta co material necesario para unha atención completa das urxencias oftalmolóxicas.