h1

Título

Mision, visión e valores do Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía

Texto destacado

Hospital Clínico


Misión

A misión do Servizo de Microbioloxía da EOXI de Santiago de Compostela é ofrecer un diagnóstico etiolóxico das enfermidades infecciosas co fin de proporcionar unha información fiable e adecuada no tempo e colaborar, deste xeito, no diagnóstico do paciente e no control das infeccións nosocomiales. É tamén misión, a formación de especialistas en Microbioloxía e Parasitoloxía e o desenvolvemento de liñas de investigación nas enfermidades infecciosas máis prevalentes na súa área de influencia.

O Servizo de Microbioloxía da EOXI de Santiago de Compostela oriéntase a desenvolver unha microbioloxía de alta calidade que satisfaga as expectativas dos clientes, seguindo as liñas estratéxicas establecidas no Plan Calidade da EOXI de Santiago, que ten como marco de referencia principal o Plan de Saúde do SERGAS (Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia).

Visión

A visión do Servizo de Microbioloxía da EOXI de Santiago de Compostela é ser un servizo de calidade, en permanente mellora dos procesos asistenciais, a través da innovación, a investigación, a formación e a docencia. O obxectivo é alcanzar a excelencia do servizo que prestamos, cun equipo humano altamente comprometido e nunha contorna profesional cunha alta cohesión interna.

Valores

Os valores do Servizo de Microbioloxía da EOXI de Santiago de Compostela están orientados ao paciente e ao traballo en equipo, a través da excelencia e a calidade na atención sanitaria, e dunha serie de valores como o respecto, a humanidade, o compromiso, a motivación dos profesionais, a eficiencia e a vocación de servizo.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Enfermidades epidémicas, Enfermidades infecciosas

Interésame

-

Grupos de información

-