Misión
A misión do Servizo de Neuroloxía é diminuír o impacto na saúde da poboación asignada á Xerencia Integrada de Santiago de Compostela por padecer enfermidades neurolóxicas e mellorar a súa calidade de vida.
Visión
O Servizo de Neuroloxía pretende confirmar e incrementar o seu papel como referente galego, nacional e internacional na atención de procesos que afectan o sistema nervioso, tanto para pacientes, como para profesionais.
Valores
- Compromiso cos pacientes co obxectivo de:
- Asegurar que cada paciente con patoloxía neurolóxica sexa tratado con humanidade e con respecto.
- Traballar para proporcionar a todos o pacientes acceso a coidados de calidade, incluíndo a súa inclusión en ensaios clínicos.
- Velar polo respecto do principio de beneficio e autonomía do paciente.
- Comprometerse co Sistema Público de Saúde, asegurando os seus valores, especialmente a equidade, a xustiza e a sustentabilidade.
- Integridade. Todos os membros do Servizo de Neuroloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela exercitarán a integridade en todas as súas actuacións:
- Mantendo a misión e valores do Servizo, independentemente de presións financeiras, políticas ou outras.
- Promocionando os estándares éticos máis elevados en todos os aspectos da investigación clínica.
- Respectando a privacidade e a protección da confidencialidade.
- Estando abertos ás valoracións, tanto internas como externas, do noso traballo.
- Competencia clínica. O Servizo de Neuroloxía traballará para asegurar a excelencia no coidado dos pacientes neurolóxicos:
- Esforzándose para maximizar a calidade en todos os aspectos da asistencia médica.
- Apoiando a investigación.
- Ofertando programas formativos para cubrir as necesidade de adquirir novos coñecementos e habilidades para os membros do Servizo de Neuroloxía.
Promocionar a mellor asistencia baseada na experiencia a través da creación de guías de práctica clínica.
- Traballar en colaboración con todas as partes interesadas.
- Innovación. Compromiso coa innovación en investigación e na asistencia sanitaria:
- Estimulando a orixinalidade na investigación.
- Perseguindo a melloría dos tratamentos das enfermidades neurolóxicas, estando abertos ás novas ideas, axentes terapéuticos e prácticas clínicas, promovendo a continua avaliación da súa eficacia e seguridade.
- Facilitar a divulgación dos resultados en toda a comunidade científica e -sempre que sexa oportuno e sen causar alarmas ou esperanzas infundadas- a toda a poboación.
- Traballo en equipo:
- Apoiando a integración de todos os profesionais na atención do paciente neurolóxico.
- Garantindo que o equipo sexa a base sobre a que se desenvolvan as diferentes iniciativas asistenciais.
- Respectando a diversidade de opinións dos colegas, compañeiros de traballo e pacientes.
- Eficiencia:
- Buscando conseguir un equilibrio económico-financeiro como garantía para a viabilidade e o desenvolvemento do Servizo de Neuroloxía.
- Promovendo que cada persoa do Servizo de Neuroloxía integre no seu traballo habitual a utilización eficiente dos recursos dispoñibles.