h1

Título

Exame Europeo de Anestesioloxía

Texto destacado

ESA

O exame Europeo de Anestesia

O Servizo de Anestesioloxía da EOXI CHUS, co profesor álvarez Escudero á fronte, promove con especial interese a excelencia dos seus profesionais. Comprendendo que a consecución dos obxectivos de formación dictados polas sociedades profesionais médicas europeas aumenta a calidade da atención ofrecida ao usuario de SERGAS, está a desenvolver un papel destacado na acreditación do Diploma Europeo de Anestesioloxía e Coidados Intensivos (EDAIC) dentro da Comunidade Galega

O profesor álvarez Escudero, actual presidente de SEDAR, participa activamente na organización do EDAIC cada ano. Desde 2013, dez anestesiólogos do EOXI CHUS teñen o título de EDAIC e outros seis pasaron a primeira parte do exame, á espera de completa-la súa titulación.

O Diploma Europeo en Anestesioloxía e Coidados Intensivos (EDAIC) é un exame de dúas etapas, multilingüe, axustado aos dominios do programa de formación para Anestesia e Atención Crítica. Apoiado polo European Board of Anaesthesiology e polo Council for European Specialist Medical Assessments, organízase anualmente en distintas sés pola European Society of Anaesthesiology.

Coma exame "supranacional" en Anestesioloxía, incentiva o desenvolvemento departamental de programas de formación nacional e europeo, xera uniformidade no alto nivel de coñecemento adquirido por anestesistas europeos e está garantido por un xurado independente de examinadores. O EDAIC é recoñecido pola World Federation of Anaesthesiologists.

Estrutura do exame

Consta de dúas partes:

- Primeira parte, con dúas seccións de resposta múltiple: unha sobre ciencias básicas e outra sobre anestesia clínica e atención crítica.

- Segunda parte, exame oral.

Data e Lugar

No presente ano, o Servizo de Anestesioloxía do CHUS ofrece de novo en Galicia a realización da primeira parte do EDAIC e da In-Training Assessment do mesmo (ITA).

Súmase deste xeito a sete sés nacionais (Barcelona, Bilbao, Madrid, Marbella, Pamplona, Valencia, Las Palmas de Gran Canaria) e outras 64 locais en Europa, América do Sur, India, China, Norte de áfrica e Oriente Próximo.

Terá lugar o 15 de setembro de 2018, nas aulas de docencia do Pavillón de Aulas no H. Clínico.

 

Etiqueta

-

Público

Cidadanía, Profesionais, Persoal licenciado sanitario, Persoal sanitario diplomado ou técnico, Investigadores/as

Temas

Oferta asistencial, Servizos sanitarios, Información sobre saúde, Formación e Docencia

Interésame

-

Grupos de información

-