Misión
A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, do Servizo Galego de Saúde, é un servizo de atención integrada público, baseado nunha atención sanitaria de excelencia e especializada na atención de procesos clínicos complexos que asegura a asistencia nunha contorna accesible, respectuoso e amable co paciente.
Neste marco desenvolve a súa actividade a Unidade de Nutrición Clínica e Dietética do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición, coa misión de:
- Atención a pacientes externos e hospitalizados con patoloxías nutricionais de forma directa ou como apoio a outras unidades
- Realización das probas diagnósticas de valoración nutricional que requira a patoloxía obxectivo.
- Prescrición, control e avaliación da nutrición artificial tanto en pacientes hospitalizados como ambulatorios
- Organizar a alimentación oral mediante a elaboración do código de dietas orais dos pacientes hospitalizados e colaborar no control da calidade
- Prestar os servizos descritos coa maior eficiencia, fomentando a investigación clínica e a docencia.
Visión
Alcanzar a excelencia clínica na atención das enfermidades nutricionais, considerando a excelencia clínica como un concepto integral, influír na percepción e nos hábitos da sociedade e constituírnos nun grupo de referencia local e nacional na área.
Valores
- En relación coa contorna:
- Compromiso cos obxectivos do hospital: Sentido de pertenza e recoñecemento dos éxitos individuais e colectivos como forma de satisfacción persoal e profesional.
- Orientación ao paciente para satisfacer as súas necesidades e expectativas.
- Respecto polo paciente e capacidade para xerar a súa confianza.
- En relación cos procesos internos:
- Práctica da medicina baseada na mellor evidencia científica dispoñible.
- Procura da excelencia asistencial, docente e investigadora.
- En relación cos medios humanos:
- Relación entre profesionais baseada en accesibilidade, confianza e transparencia.
- Organización baseada no respecto mutuo e favorecer as iniciativas individuais.
- En relación co compromiso social e aos recursos económicos:
- Responsabilidade social.
- Equidade na atención sanitaria.
- Esforzo para a utilización eficiente dos recursos postos á súa disposición.