h1

Durante a súa estancia será atendido por un equipo de profesionais altamente formados e cualificados que estarán a súa dispor durante todo o seu proceso. Seguir as súas indicacións é imprescindible para conseguir a súa melloría.

DURANTE A SUA ESTANCIA

  • O seu médico informarao sobre a súa evolución no lugar e horario establecido na planta.
  • O persoal de enfermería proporcionaralle os coidados necesarios para a súa recuperación. Dispón dun timbre de chamada para a súa atención, na cabeceira da cama.
  • A dieta seralle indicada polo seu médico nas ordes de tratamento e en relación co seu estado de saúde.
  • Facilitaraselle a roupa de cama, pixama ou camisón, toallas e xabóns para o seu aseo.

LEMBRE

  • Traer bata, zapatillas, cepillo de dentes e pasta dental ou o que vostede necesite para a sua hixiene persoal.
  • Se é portador dalgunha protesis gardeas en lugar axeitado e contrlolado para non extravialas porque o Hospital non se fará cargo da súa perda.

HABITACIÓN

  • As habitacións dispoñen de televisión que funciona con tarxetas que pode adquirir nas máquinas expendedoras.
  • Existe un sillón para cada cama de hospitalización.
  • Non introduza ningún tipo de mobiliario e respete a ubicación e orde do mesmo.
  • Por razóns de hixiene non está permito traer flores nin plantas.

RECOMENDACIÓNS

  • Asegúrese de que porta a pulsera de identificación en todo momento para que o perosal poda comprobar a súa identidade antes da realización de calquera procedemento. Pola súa seguridade non a retire ata que abandone o recinto hospitalario.
  • Procure falar en voz baixa en todo o recinto hospitalario, a fin de lograr un ambiente agradable para os enfermos.
  • Procure manter baixo o volume dos aparellos de radio e TV para facilitar o adecuado descanso do seu acompañante.
  • Para gozar dunha estancia máis cómoda e agradable, tente manter ordenada e despexada a súa habitación.
  • Colabore co persoal sanitario mantendo despexadas as zonas de paso.
  • Ao saír da súa habitación, é conveniente que se protexa con bata, evitando pasear en roupa de cama.
  • O centro non se fai responsable da deterioración ou perda dos seus obxectos persoais, polo que é conveniente que os entregue aos seus familiares ou ao servizo de seguridade
  • Se ten que ausentarse da unidade comuníqueo ao persoal de enfermería xa que pode coincidir coa administración de medicación ou a realización dalgunha proba diagnóstica.
  • Cando o persoal precise protexer a intimidade dos pacientes, invitará aos acompañantes que saian un momento da habitación.

COMIDAS

A alimentación forma parte do seu tratamento polo que non debe consumir alimentos ou bebidas que non sexan proporcionadas polo centro.

As comidas serán servidas no horariode:

  • Xantar: 8.15-9.00 horas.
  • Comida: 12.45-13.45 horas.
  • Merenda: 16.30-17.00 horas.
  • Cea: 19.45- 20.15 horas.

VISITAS

Pode recibir a visita dos seus familiares e amizades. Recorde que na súa habitación só pode ter dúas visitas con vostede.

​​