A meirande parte das intervencións cirúrxicas hoxe en día realízanse nos quirófanos. Sen embargo cada vez con máis frecuencia, os médicos especialistas en Anestesioloxía son requeridos para asistir en actuacións fóra destes entornos, coma por exemplo:
Asemade, un número de pacientes cada ver maior se está a beneficiar da cirurxía ambulatoria e de curta estancia.
O traballo do anestesiólogo neses eidos consiste tanto en fornecer confort e ausencia de dor, coma salvagarda-la seguridade do paciente durante e despois de cada procedemento.