O leite materno doado ao Banco de Leite é identificado, procesado e conservado nas condicións idóneas que garanten o seu uso seguro para a alimentación dos neonatos.
Recepción. O leite doado recíbese fresco se está recén extraído ou preferiblemente conxelado se vén de casa, durante o horario de funcionamento do Banco (08:00 – 15:00 h.). Á súa entrada no Banco de leite, procédese á súa etiquetaxe, na que figura identificación de doador (número de doador), data de parto, data de extracción do leite e data de entrada no Banco de leite, e almacénase a -20ºC ata a súa pasteurización.
Procesamento. O punto fundamental do procesamento do leite doado é a pasteurización, mediante a que se asegura a eliminación dos axentes infecciosos potencialmente transmisibles a través do leite humano. Son realizados os correspondentes controis microbiolóxicos do leite pasteurizado para avaliar a súa seguridade dende o punto de vista infeccioso. Unha vez pasteurizado e cos resultados aptos do control microbiolóxico, o leite é almacenado novamente conxelado a -20ºC ata a súa dispensa. O tempo máximo de almacenamento post-pasteurización adoita establecerse en 3 meses.
Dispensa. O leite almacenado é dispensado por prescrición médica aos neonatos enfermos, fundamentalmente prematuros.
As indicacións prioritarias, segundo as reservas, son: