Durante a súa estancia será atendido por un equipo de profesionais altamente formados e cualificados que estarán a súa dispor durante todo o seu proceso. Seguir as súas indicacións é imprescindible para conseguir a súa melloría.
DURANTE A SUA ESTANCIA
- O seu médico informarao sobre a súa evolución no lugar e horario establecido na planta.
- O persoal de enfermería proporcionaralle os coidados necesarios para a súa recuperación. Dispón dun timbre de chamada para a súa atención, na cabeceira da cama.
- A dieta seralle indicada polo seu médico nas ordes de tratamento e en relación co seu estado de saúde.
- Facilitaraselle a roupa de cama, pixama ou camisón, toallas e xabóns para o seu aseo.
LEMBRE
- Traer bata, zapatillas, cepillo de dentes e pasta dental ou o que vostede necesite para a sua hixiene persoal.
- Se é portador dalgunha protesis gardeas en lugar axeitado e contrlolado para non extravialas porque o Hospital non se fará cargo da súa perda.
HABITACIÓN
- As habitacións dispoñen de televisión que funciona con tarxetas que pode adquirir nas máquinas expendedoras.
-
Existe un sillón para cada cama de hospitalización.
-
Non introduza ningún tipo de mobiliario e respete a ubicación e orde do mesmo.
-
Por razóns de hixiene non está permito traer flores nin plantas.
RECOMENDACIÓNS
- Asegúrese de que porta a pulsera de identificación en todo momento para que o perosal poda comprobar a súa identidade antes da realización de calquera procedemento. Pola súa seguridade non a retire ata que abandone o recinto hospitalario.
-
Procure falar en voz baixa en todo o recinto hospitalario, a fin de lograr un ambiente agradable para os enfermos.
-
Procure manter baixo o volume dos aparellos de radio e TV para facilitar o adecuado descanso do seu acompañante.
-
Para gozar dunha estancia máis cómoda e agradable, tente manter ordenada e despexada a súa habitación.
-
Colabore co persoal sanitario mantendo despexadas as zonas de paso.
-
Ao saír da súa habitación, é conveniente que se protexa con bata, evitando pasear en roupa de cama.
-
O centro non se fai responsable da deterioración ou perda dos seus obxectos persoais, polo que é conveniente que os entregue aos seus familiares ou ao servizo de seguridade
-
Se ten que ausentarse da unidade comuníqueo ao persoal de enfermería xa que pode coincidir coa administración de medicación ou a realización dalgunha proba diagnóstica.
-
Cando o persoal precise protexer a intimidade dos pacientes, invitará aos acompañantes que saian un momento da habitación.
COMIDAS
A alimentación forma parte do seu tratamento polo que non debe consumir alimentos ou bebidas que non sexan proporcionadas polo centro.
As comidas serán servidas no horariode:
- Xantar: 8.15-9.00 horas.
-
Comida: 12.45-13.45 horas.
-
Merenda: 16.30-17.00 horas.
-
Cea: 19.45- 20.15 horas.
VISITAS
Pode recibir a visita dos seus familiares e amizades. Recorde que na súa habitación só pode ter dúas visitas con vostede.