A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela é a estrutura organizativa de xestión sanitaria integrada polos centros de asistencia primaria e hospitalaria da área de Santiago de Compostela pertencentes á rede sanitaria pública do Servizo Galego de Saúde. A súa prestación de servizos sanitarios céntrase nas necesidades da cidadanía e fundaméntanse na calidade, o desenvolvemento interdisciplinar e integral dos procesos asistenciais e a continuidade asistencial.
O Servizo de Oncoloxía Médica desenvolve a súa actividade dentro deste marco, coas seguintes misións:
Atención óptima, de calidade, integral, humanizada, continuada e en condicións de igualdade aos pacientes con enfermidade oncolóxica, tanto na súa etapa inicial e de tratamento activo como na súa etapa terminal, de revisións ou de tratamento oral que non requira visitas frecuentes ao hospital, en colaboración con Atención Primaria.
Actualización continua dos seus profesionais e compromiso coa docencia e a investigación clínica e traslacional.
Ofrecer os últimos avances terapéuticos, sempre desde a perspectiva da evidencia científica, adaptada á realidade sociocultural e ao mellor aproveitamento posible dos recursos.
O servizo de Oncoloxía Médica quere proporcionar unha atención de excelencia, que resulte eficiente (optimización de recursos) e satisfactoria para o paciente, desenvolvendo ademais novas competencias profesionais mediante a formación continuada.
Compromiso cos obxectivos do hospital e sentido de pertenza ao mesmo.
Ética e respecto ás persoas, os seus dereitos e valores.
Orientación ao paciente para satisfacer as súas necesidades e expectativas.
Humanidade na atención e respecto polo paciente.
Procura permanente da excelencia asistencial, docente e investigadora.
Competencia clínica e práctica da medicina baseada na mellor evidencia científica dispoñible.
Traballo en equipo e relación entre profesionais baseada en accesibilidade, confianza e transparencia.
Responsabilidade profesional, corporativa e social.
Equidade na atención sanitaria.
Esforzo para a utilización eficiente dos recursos.
Compromiso coa innovación en investigación e na asistencia sanitaria.