A misión do Servizo de Pneumoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago é a de promover e mellorar a saúde dos pacientes, ofrecendo a máxima excelencia na atención sanitaria e no trato persoal. O equipo de persoas que constitúen este Servizo implícase e comprométese de forma activa en prestar, dunha forma personalizada e humana, a mellor asistencia neumológica dispoñible na actualidade, aplicando os métodos diagnósticos, preventivos e terapéuticos con criterios de equidade e eficiencia, contando en todo momento coa correspondencia dos equipos de Atención Primaria e a súa estreita colaboración no seguimento e control dos enfermos neumológicos.
Xunto con esta vocación asistencial e por atoparse enmarcado no ámbito universitario, o Servizo de Pneumoloxía manifesta o seu ánimo docente e o seu interese en desenvolver a investigación dunha forma traslacional, unindo a ciencia básica coa práctica asistencial.
O servizo de Pneumoloxía aposta pola especialización para converterse nun referente da atención neumológica en Galicia e está determinado a continuar adecuando e modernizando a organización da súa actividade para estar en condicións de satisfacer as demandas actuais, ofrecer unha atención máis especializada e garantir unha asistencia de alta calidade e eficiencia.