A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela é a estrutura organizativa de xestión sanitaria integrada polos centros de asistencia primaria e hospitalaria da área de Santiago de Compostela pertencentes á rede sanitaria pública do Servizo Galego de Saúde. A súa prestación de servizos sanitarios céntrase nas necesidades da cidadanía e fundaméntase na calidade, o desenvolvemento interdisciplinar e integral dos procesos asistenciais e a continuidade asistencial.
A Unidade de Esclerosis Múltiple do Servizo de Neuroloxía desenvolve a súa actividade dentro deste marco, coas seguintes misións:
A Unidade de Esclerose Múltiple aspira a seguir sendo un referente na especialidade e alcanzar a excelencia clínica na atención a esta patoloxía. Para iso potenciará a accesibilidade e actualizará permanentemente os coñecementos e competencias dos seus profesionais.