A filosofía da UDyTEM céntrase na suma de esforzos asistenciais, educativos, psicolóxicos e sociais para a mellora da calidade de vida dos pacientes con ECM, por iso participa activamente na formación dos pacientes e as súas familias e na visualización e concienciación social acerca da importancia das enfermidades raras e das necesidades específicas que implican.
Exemplos diso son:
Libros de dietas e aspectos nutricionais con receitas adecuadas a distintos trastornos do metabolismo elaborados pola Unidade con supervisión dietética.
Participación en xornadas gastronómicas e en xornadas de convivencia cos pacientes da Unidade e as súas familias.
Participación en foros de pacientes e Congresos ou Reunións de asociacións de afectados: