Os pacientes remítense á Unidade desde o seu centro hospitalario habitual de referencia ou polo seu Pediatra/ Médico de Familia de Atención Primaria. Xeralmente estes pacientes acceden á Unidade mediante un informe previo, por contacto telefónico directo ou por correo electrónico.
Tamén dispoñemos dunha vía de e-Consulta desde Atención primaria coa Unidade de Nutrición.
Os pacientes, tanto da nosa comunidade autónoma ou como os procedentes doutras comunidades Autónomas (sistema SIFCO), que precisen ser atendidos no servizo ou unidade realizarán unha solicitude no Servizo Admisión. Este servizo habilitará o acceso a través dunha orde de canalización.
A unidade valorará as solicitudes en función da historia clínica, como urxentes, preferentes ou normais. Se o estado do paciente é urxente e, en función da súa gravidade, aténdese no mesmo día ou nas seguintes 24-48 horas, podendo ser ingresados no Servizo de Hospitalización ou atendidos en Consúltas/Hospital de Día.
Mediante o Servizo de Admisión, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, solicitando atención na Unidade de Diagnóstico e Tratamento de Enfermidades Metabólicas Conxénitas. A atención prestarase en: