O Servizo de Pneumoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela ( XXIS), ten por obxectivo o diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades neumológicas da poboación incluída na súa área de referencia, así como doutras Áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
O servizo de Pneumoloxía integra a atención dos pacientes de Urxencias, hospitalización, Unidade de Coidados respiratorios Intermedios ( UCRI), consultas externas e gabinetes de probas funcionais, e colabora cos demais Servizos e Unidades hospitalarias co obxectivo de ofrecer unha atención especializada, completa e personalizada. Así mesmo, actúa de forma integrada con outros dispositivos asistenciais (atención primaria, atención especializada ambulatoria, hospitais comarcais, etc.) para garantir a continuidade asistencial dos nosos pacientes.
Dispón das seguintes Unidades especializadas: Asma (acreditada), Hipertensión Pulmonar, Broncoscopias e técnicas pleurales, enfermidades pulmonares intersticiales difusas (acreditada), Coidados Respiratorios Intermedios, Soño (acreditada), Tabaquismo (acreditada), ventilación non invasiva (acreditada) e Tuberculose (acreditada).
Contacto: Servizo de Pneumoloxía Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela. Edificio A de hospitalización, 3ª planta, control A. Travesía de Choupana s/n 15706-Santiago de Compostela. Teléfono: 981 950 311