A Unidade de Nutrición Clínica e Dietética da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela comprométese a dispensar uns coidados que vaian máis aló da mera asistencia médica, procurando non só curar, senón tamén mellorar a calidade de vida do paciente como eixo principal de actuación. Para iso, sempre teremos en conta o marco estratéxico fixado, os requisitos legais e normativas, e os requisitos propios dos nosos clientes que poidan afectar á Unidade.
A política de calidade fundaméntase en tres principios, que constitúen á súa vez os alicerces sobre os que a nosa Unidade marca os obxectivos para perseguir:
Coa finalidade de despregar os devanditos obxectivos estratéxicos e de calidade, co total apoio do Xefe de Servizo, o Responsable da Unidade e a Xerencia apostan pola implantación de ferramentas de xestión orientadas a promover a análise, identificación e incorporación de melloras organizativas, científicas e técnicas aos procesos da Unidade dun modo dinámico e útil. Para iso levouse a cabo a implantación da norma ISO 9001:2015, con alcance sobre o servizo asistencial a pacientes hospitalizados e de consultas externas que leva a cabo na Unidade.
Para iso, o Responsable da Unidade e o Xerente estableceron a seguinte declaración como Política de Calidade, a cal pretende recoller os dous obxectivos xerais de calidade deste hospital:
O cumprimento das condicións pactadas para cada un dos procesos incluídos no SGC, tanto no que se refire a prazos como á fiabilidade e calidade do servizo proporcionado, é de vital importancia para o mantemento dun bo nivel de calidade asistencial cara aos nosos pacientes.
Cada cal, no ámbito das súas actividades cotiás e responsabilidades profesionais coñece como impactan no resultado do servizo prestado, e comprométese a contribuír de forma activa e positiva no cumprimento das condicións pactadas e na súa mellora continua, de acordo coas pautas marcadas polo Responsable da Unidade e o Xerente.
Co fin de que estas directrices poidan cumprirse, proporcionaranse os recursos humanos e técnicos necesarios, e asúmese o compromiso de realizar o seguimento, medición e análise dos procesos implicados no SGC. Así mesmo, implantaranse as accións necesarias para alcanzar os resultados planificados e a mellora continua destes procesos.