Un hospital amable, centrado nas persoas, debe propoñerse salvagardar a vida, curar, minimizar as secuelas e procurar o benestar dos seus pacientes, axudando a que a persoa e a súa familia pasen o mellor e antes posible o contratempo que supón a irrupción dunha enfermidade e discapacidade na súa vida. Un ambiente humanizado axuda ao paciente porque xera máis confianza e percepcións positivas, tanto nel como no seu familiar.